viernes, 17 de abril de 2020

Música


Viernes 17 de abril:
Bos días!Tendes que disculpar porque envío hoxe o enlace dos videos dos patróns rítmicos do luns, levoume máis tempo do que pensaba e non os puiden remartar ata hoxe.
Como xa moitos de vos resolveríades cada neno/a que aparecía so no rectángulo laranxa realizaba a función de negra, se aparecían dous nenos/as eran dúas corcheas e se o rectángulo estaba baleiro é un silencio. Está explicado nos vídeos aos que vos dirixe o enlace que tendes abaixo. Ademáis tamén vos deixo o vídeo de Youtube onde podedes escoitar a canción completa sobre a que traballamos.

Lembrade que a partir do luns veremos as tarefas na aula virtual.

Unha aperta.

Tamar

VÍDEOS PATRÓNS RÍTMICOS



No hay comentarios:

Publicar un comentario