sábado, 14 de marzo de 2020

Actividades para a materia de Inglés


04/04/2020   ACTIVIDADES DE INGLÉS

Hello boys ang girls.
Espero que tod@s estedes ben e que disfrutárades o mellor posible destas raras vacacións. Pois despois deste breve descanso continuamos repasando o que aprendemos na clase de inglés.  ÁNIMO
1. Imos comenzar cunha canción para saudar, preguntar como nos atopamos, o noso nome... Tenta aprendela e cántaa coa túa familia. Hello song.

2. Agora repasaremos as partes do corpo con estas cancións: This is me e Head, shoulders, knees and toes. A continuación podes xogar a estes xogos para ver se sabes as partes do corpo. Sorte. Xogo 1 ( Preme na palabra body. Ao terminar podes tamén xogar as cores premendo en colours ).

3.Podes facer esta actividade interactiva. Preme na palabra e arrasta cara o debuxo correspondiente. Cando remates pulsa finish e logo a check my answers e verás a puntuación obtida. Agora podes facer esta outra actividade interactiva. Non precisas papel, tes que facela co ordenador escoitar e escribir co teclado. Ao rematar fai coma antes pulsa finish e check my answers.

4.E por último se queres imprime ou copia este debuxo dun arco da vella para colorealo como te din en inglés. Ao rematar podes pegalo na túa ventá para que o vexa a xente dende a rúa.
Boa semana a tod@s
Bye bye. See you

31/03/2020   ACTIVIDADES DE INGLÉS

Hello everyone

Unha semana máis na casa. Espero que vos atopedes tod@s moi ben. Se é así continuamos unha semana máis practicando cousas que aprendimos na clase de inglés. Seguimos co mesmo método para traballar: vídeos, cancións, xogos e actividades escritas. ÁNIMO

Esta semana traballaremos material da aula, os sentimentos e grande / pequeno

1. Traballaremos o material da aula cunha canción e dous xogos:
A mecánica dos xogos é a seguinte: Realizas a actividade que che piden, pulsa finish e logo check my answers; desta forma sabrás a puntuación que tiveches. Téntao tantas veces como queiras ata acertar todas as palabras. SORTE.
  • Na primeira actividade hai unha canción que xa coñeces, cántaa e fai os xestos e logo tes un xogo-listening ( Escoita a palabra e preme no obxecto correcto )
  • Na segunda actividade tes que arrastrar o nome ata o obxecto correcto
2. Agora repasaremos os sentimentos con esta canción, algúns xa os coñeces outros son novos. Anímate e apréndeos. How are you ? Sábelos xa ? Pois demóstrao con este xogo: word game

3. Lembras o conto The three Billy gates ? Gustouche moito. Pois pincha no título para volver a velo. Non te esquezas de cantar as cancións. Agora recorda big e small con este xogo. Para xogar preme no cadro branco e según a palabra que escoites preme no debuxo axeitado. É moi fácil.

Ata a próxima semana
Bye, bye. See you


24/03/2020    ACTIVIDADES DE INGLÉS

Ola a tod@s de novo. Espero que vos atopedes ben e que teñades o ánimo moi alto para continuar repasando unn pouco de inglés. As actividades que propoño serán para unha semana. Repasaremos: a familia, números e o tempo a través de vídeos, cancións, xogos e actividades que podedes ben imprimir ou copialas nunha libreta ou ben facelas de forma oral. O importante é non perder o hábito de traballo e non esquecer o que aprendimos na aula de inglés. ANIMO !

1. Para repasar os membros da familia podes cantar as cancións: The family song and My family and me. Anima a túa familia e canta e baila con eles. A continuación podes xogar con este xogo: Word game.

2. Agora imos repasar os números ata o dez cara adiante e ca atrás coa canción: Ten little aeroplanes. E para practicar xoga a Word game. Podes facer esta ficha para ver se xa sabes os números.

3. A continuación repasaremos o tempo con este vídeo e logo coa canción: What´s the weather like today. E agora xoga a un word game para practicar o vocabulario aprendido

4. E xa para rematar mira este vídeo en inglés que te enseña como debes lavar as mans. Moi apropiado neste momento. 

Un saúdo a tod@s. Coidarvos. Bye. See you soon


16/03/2020 ACTIVIDADES INGLÉS


Bos días a tod@s. Déixovos unhas actividades para que non esquezades o que traballamos en inglés na aula. Hai un pouco de todo: vídeos, cancións, xogos e actividades escritas que se poden imprimir. ÁNIMO.

Esta semana tendes que realizar as seguintes actividades:
1. Para traballar o proxecto anual do centro:
    -  Mira o seguinte vídeo: Planet Earth , en el aprenderás cousas moi interesantes do noso Planeta.
    -  Escoita varias veces a seguinte canción: How to Recycle? a ver se eres quen de aprendela.                   Ánimo
    - E agora podedes xogar a recoller a habitación, aprendendo ao mesmo tempo a reciclar, con este           xogo: Clean and green Boa sorte.
2. Para repasar cousas que xa sabes: as cores
    - Mira o seguinte vídeo sobre planetas de distintas cores: Our colourful world
    - Adiviña as cores neste audio xogo: Word Games about colours
    - Por último podes facer a seguinte ficha

No hay comentarios:

Publicar un comentario